Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

XORNADAS DE LICORES E AGUARDENTES DE GALICIA ESTA FIN DE SEMANA EN CAMBADOS
O Salón José Peña de Cambados acolle esta fin de semana as Xornadas de Degustación e Maridaxe das Aguardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que se celebran por vez primeira en Cambados. O obxetivo é promocionar o sector e achegar ó consumidor todas as potencialidades que ofrecen estes licores de calidade que se producen no país. As actividades organizadas polo consello regulador, coa colaboración do Concello de Cambados, desenvolveránse en horario de sábado tarde e domingo pola mañá. O público asistente poderá participar nesta novidosa actividade que incluirá unha cata comentada destes…
Read the full description
destilados e mais un showcooking a cargo dos prestixiosos cociñeiros do Grupo Nove: Yayo Daporta –sábado- e Antonio Botana –domingo-. Ambos emplearán en distintas elaboracións os cinco produtos amparados polo consello regulador, así como outros con denominación de orixe como a DOP Queixo de Tetilla e IXP Mel de Galicia. As Xornadas de Degustación foron presentadas esta mañá no Salón José Peña de Cambados polo presidente do Consello Regulador, José Antonio Feijoo, que nos comentaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA os detalles do evento.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.