skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

INICIANSE AS OBRAS DE AMPLIACION DO IES ASOREY DE CAMBADOS

A Xunta pon en marcha o inicio das obras de ampliación do IES Asorey co fin de dar resposta á necesidade de acoller aos cursos de formación profesional básica e adaptar os ciclos profesionais. Así mesmo, levaranse a cabo distintas melloras nas instalacións existentes na totalidade do centro educativo cunha inversión de 770.000 euros, cofinanciados nun 80% por fondos europeos. A obra, adxudicada á constructora San José de Cambados, iníciase hoxe coa sinatura dos traballos de replanteo e prevese que estea prácticamente lista no inicio do vindeiro curso. Nese momento terá 7 novas aulas ademáis…

Read the full description

de aseos adaptados para o profesorado e almacén de limpeza. Grazas a esta ampliación, o centro poderá atender á demanda da implantación da FP Básica, así como a adaptación dos ciclos formativos profesionais á LOMCE, que pasan a ter unha duración de 2.000 horas. Os traballos desenvolveranse na época estival, minimizando así o impacto na actividade habitual do IES. Segundo establece o proxecto, para a ampliación do centro procederase á demolición dunha parte da cuberta existente e, a partires de ahí, proceder á construción de novos espazos destinados a aulas e espazos polivalentes. É dicir, que se substituirá a baixo cuberta actual por unha nova planta, de 600 metros cadrados útiles, que albergará un total de sete novas aulas (2 aulas polivalentes, 3 aulas taller e 2 aulas de desdobre), así como dous aseos e almacén de limpeza. A ampliación do IES Francisco Asorey enmárcase dentro do Plan de Infraestruturas 2016-2020 deseñado pola Consellería de Educación, que ten como obxectivo mellorar a infraestrutura e o equipamento educativo para garantir unha educación pública de calidade. Os detalles nolos contaban en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DÍA, durante o acto de inicio da actuación, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, o concelleiro de Educación de Cambados, Victor Caamaño e o xefe territorial de Educación Cesar Pérez Ares, que, por certo, tamén se refería á posible desafectación das casas de profesores do colexio Magariños, eso sí, baixo o cumplimento da legalidade.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.