Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O SERGAS REALIZARA UN CRIBADO EN MEIS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Sergas efectuará un cribado poboacional no centro de saúde de Mosteiro, no Concello de Meis, entre a tarde de mañá venres, día 19, e a mañá deste sábado día 20. A Consellería de Sanidade atende así a petición realizada recentemente pola alcaldesa, Marta Giráldez, debido a que o municipio non acaba de reducir de forma notable os contaxios de covid e rexistra a día de hoxe 31 casos activos. A rexedora manifesta a súa satisfacción “porque ata en dúas ou tres ocasións trasladamos ao Sergas a necesidade de realizar un cribado e ainda que hoxe temos seis…
Read the full description
contaxios menos que onte creemos que sigue sendo necesario levar a cabo este cribado”. Coas probas de antíxenos preténdese detectar o maior número posible de portadores asintomáticos de covid, co fin de diminuir a cifra de contaxios de coronavirus na localidade. O Sergas convocará gradualmente e vía SMS telefónico a 1.658 veciños e veciñas de Meis dentre 30 a 60 anos de idade con tarxeta sanitaria activa no centro de saúde deste Concello. Os resultados negativos dos cribados serán comunicados por SMS mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa. Para a realización do cribado, tres equipos de enfermaría estará en cada quenda, efectuando tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.