Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

UNHA DUCIA DE FAMILIAS AFECTADAS POLA AME VOLVEN REUNIRSE EN CAMBADOS
A Fundación GaliciAme, que dirixe a cambadesa Merchi Alvarez, realiza unha terceira edición das Xornadas de Convivencia de Familias afectadas pola Atrofia Muscular Espinal. Un ano máis, unha ducia de familias procedentes de diversos lugares de España reuniranse dende este xoves ao domingo no colexio Salesianos de Cambados para compartir impresións e experiencias. Unha iniciativa financiada desta volta por La Caixa e na que tamén colabora o Concello de Cambados Dentro das actividades programadas encóntrase unha xornada de marisqueo guiada por Gimatur, para o que se contará con cadeiras…
Read the full description
anfibias cedidas por Protección Civil de Vilagarcía e O Grove. Os detalles explicábaos esta mañá Merchi Alvarez durante a presentación das Xornadas, acompañada polo director do colexio Salesianos, José Rodriguez Pacheco, o representante de La Caixa, Borja Sabadel, e o concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, nun acto que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.