Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

GALICIA CALIDADE PROMOCIONA EN CAMBADOS OS PRODUCTOS GALEGOS
De vieira foi o showcooking que esta mañá realizou en Cambados o coñecido chef Yayo Daporta dentro da campaña Galicia Calidade en Ruta. Un camión adaptado está durante todo o día na Praza do Concello da vila do albariño, para promocionar os productos da gastronomía galega. Un dos actos centrais foi a exhibición de cociña realizada polo chef cambadés, que ten unha Estrela Michelín e dous Soles de Repsol, ademáis de participar nun coñecido programa televisivo. AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA tamén estivo no camión de Galicia Calidade, recollendo a presentación deste showcooking, por parte de Javier…
Read the full description
de Miguel, director técnico de Galicia Calidade e polo propio Yayo Daporta. Xa pola tarde, os sumilleres José Luis Aragunde e Eulogio Pomares realizarán unha cata comentada de viños a partir das 18 horas. Ambos formaban parte do equipo que quedou en terceira posición no concurso mundial de catadores celebrado recentemente na rexión de Champagne, en Francia.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.