Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CONCENTRACION NO HOSPITAL DO SALNES CONTRA O PECHE DA TERCEIRA PLANTA
Os traballadores do Hospital do Salnés concentráronse esta mañá nas portas do centro en protesta polo exceso de traballo que acumulan dende hai quince días polo peche da terceira planta e a negativa do Sergas a contratar máis persoal e a apertura da planta. Advirten de que esa situación “insostible” acaba prexudicando aos pacientes e amósanse preocupados sobre o que pode acontecer este fin de semana, coa comarca chea de festas e o mesmo persoal que sempre no servizo de Urxencias. Cren que a situación só se soluciona coa reapertura da terceira planta e o reforzo do equipo. Recoñecen estar…
Read the full description
"exhaustos" e "superados", e en total desacordo coas explicacións que o Sergas deu á saturación das Urxencias o pasado fin de semana. Ata alí nos achegamos dende AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA para coñecer os detalles da concentración a través das declaracións da delegada do persoal Rosa Casal que recolleu a nosa compañeira Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.