Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS EMIGRANTES RETORNADOS DO SALNES INICIAN ACCIONS PEDINDO QUE SE LLES RETIREN AS SANCIONS
A Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés estará presente no pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa de mañan xoves, onde se debaterá unha moción de apoio ás persoas que reciben pensións de Estados Estranxeiros, presentada polo BNG, moción que lles afecta directamente. Milleiros de emigrantes galegos retornados con pensións do estranxeiro están a recibir requerimentos da Axencia Tributaria Española con comunicación de sancións e intereses de demora, mentres aos auténticos defraudadores fiscais o Goberno español concedeulles unha amnistía fiscal. Dende a Plataforma de Emigrantes…
Read the full description
Retornados do Salnés chaman a asistir ao pleno deste xoves a partir das 17 h. a tódalas afectadas e afectados por esta inxusta decisión, xa que aseguran que nin a propia Axencia Tributaria lles incluiu a pensión na declaración do IRPF, Pensan ademáis que é inmoral a imposición de sancións a un colectivo perceptor das pensións máis baixas despois de traballar toda unha vida no estranxeiro. Todo elo nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA , Xose Lois Leirós, portavoz da Plataforma de Emigrantes Reteornados do Salnés. E tamén en Caldas acabase de constituir unha plataforma de Emigrantes retornados que nos vindeiros días iniciarán accións para informar das suas demandas a. Entre elas, reuniranse cos alcaldes da comarca para tentar recibir o seu apoio.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.