Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ZONA CENTRO PREMIA CON 600 EUROS AS MELLORES CAMISDETAS DO ALBARIÑO
A asociación Zona Centro de Cambados premiará un ano máis á peña que, segundo o xurado, mellor defina nas súas camisetas o espíritu da Festa do Albariño. O colectivo de comerciantes presentou esta mañá o xa tradicional concurso de camisetas do Albariño, que, un ano máis, volve repartir 600 euros en vales compra. Un xurado formado por membros da Asociación de comerciantes e do Concello elexirán a camiseta gañadora, e a dous finalistas. O primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100. O prazo de presentación dos deseños é ata o 31 de xullo e os interesados en…
Read the full description
inscribirse deberán presentar un exemplar da camiseta e cubrir unha ficha cos datos dun membro da peña nas oficinas de Zona Centro, na rúa Ourense nº8, de 9 a 14 horas. A XIX edición do que é xa todo un clásico da Festa do Albariño foi presentada esta mañá no Concello de Cambados polo presidente da Asociación Zona Aberta, Juan Rey, e os Concelleiros José Ramón Abal e Xurxo Charlín. O portavoz do goberno local, Xurxo Charlín, destacaba a disposición do novo executivo para colaborar con Zona Centro en todo aquelo que precise o colectivo, porque entende “que dada a situación económica o concello debe apoiar a todos os sectores productivos de Cambados e igual que se fai co sector do mar se debe estar tamén o carón dos comerciantes”. Asimesmo, tamén desvelaba o portavoz do goberno local que este ano non haberá “Raíña das Festas do Albariño”, e probablemente en anos posteriores tampouco. Considera o novo equipo de goberno que “se hai raiña tamén ten que haber rei” Pola súa banda, o presidente de Zona Centro aproveituou a ocasión para anunciar que este ano se volverá a celebrar a Feira de Oportunidades, que os días 14, 15 e 16 de agosto. Con eles falaba para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.