Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CIG SALNES SUMASE A PRIMEIRA FOLGA DE MULLERES O 8 DE MARZO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O sindicato CIG Salnés súmase á primeira Folga de Mulleres que tendrá lugar el próximo 8 de marzo, coincidiendo co Día Internacional da Muller, e farao con concentracións nas principais localidades da comarca e tamén en diferentes empresas. A iniciativa celébrase no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. A folga, que afectará a todas as actividades e centros de traballo de Galiza…
Read the full description
tanto das empresas privadas como do sector público, está convocada exclusivamente para as mulleres. Os paros faranse efectivos nas franxas horarias comprendidas entre as 00h e ás 02 horas, das 12 a 14 horas e das 19:30 a 21:30 horas; é dicir en paros laborais de dúas horas por quenda de traballo. O obxectivo é “mostrar a repulsa á desigualdade e invisibilidade históricas que soportan as mulleres, esixir a mellora das súas condicións sociolaborais e a fin da discriminación laboral que sofren, e que se veu agravada polas medidas aplicadas baixo a coartada da crise económica”. Así o explicaba esta mañá a representante sindical Marta Ferreiro no acto de presentación da folga, na sede do sindicato en Vilagarcía.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.