skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS CEDE PARA PRACTICAS A INSTITUTOS OS VEHICULOS ABANDONADOS

O Concello de Cambados pon en marcha unha iniciativa destinada a doar aos institutos que o soliciten para os seus ciclos de Mecánica e Automoción vehículos abandonados e recollidos no depósito municipal. Os primeiros institutos beneficiados son o de A Guarda e o de Vilalonga, con cuxos representantes a alcaldesa, Fátima Abal, asinou os convenios correspondentes esta mañá. O Instituto de A Guarda xa recolleu tamén esta mañá o primeiro vehículo, unha furgoneta, que se entrega nesta iniciativa, xa que foron os primeiros en presentar a solicitude ao Concello. Dende o goberno local, tanto a…

Read the full description

alcaldesa como o portavoz do executivo, Xurxo Charlín, animan aos centros con ciclos de Mecánica e Automoción a dirixirse tamén ao Concello Na actualidade, nas instalacións hai uns dez automóviles e en lugar de entregalos aos desguaces, como se viña facendo ata o de agora, serán empregados nos centros educativos para as prácticas dos alumnos. A furgoneta que se entregou esta mañá foi cedida pola súa propietaria, unha veciña de Cambados que acolleu de bo agrado a idea municipal. Os detalles de todo elo, explicábanse esta mañá na presentación da iniciativa nunha rolda de prensa coa presenza da alcaldesa, Fátima Abal, representantes dos IES de A Guarda e Vilalonga, e o portavoz municipal, Xurxo Charlín. As súas declaracións recollémolas en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.