Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A EMPRESE TUNE EUREKA DE BAMIO RECIBE UN INXENIEIRO DO PLAN DE PRACTICAS LABORAIS DA DEPUTACION
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou hoxe, no curso dunha visita xirada á empresa Tune Eureka SA, de Vilagarcía, que esta firma “aporta un gran valor engadido ao Salnés e a Galicia”. A institución provincial concedeu a esta empresa 1 técnico superior en Enxenería industrial mecánica dentro do seu Plan de Prácticas Laborais en empresas do sector privado, que onte foi aprobado. A Deputación correrá con todos os costes, salarios, etc. deste traballador por espazo dun ano. Na comarca de O Salnés son 49 as empresas que se beneficiarán, perante un ano, de 56 bolseiros…
Read the full description
xoves titulados universitarios sin experiencia laboral previa, que traballarán nas anteditas firmas financiados pola Deputación. Eureka inviste 2,5 millóns na súa ampliación Tune Eureka ocupa unha parcela de 30.000 m² (6.000 m² cubertos) no Polígono Industrial de Bamio, en Vilagarcía. Constrúe diversa maquinaria e equipos mecánicos, de alta especialización, que exporta no 95% da súa producción a Noruega, Alemania e Inglaterra. O 5% restante vai para o mercado nacional ainda que, como dixo o seu director xeral, Manuel García, “é un mercado con moi baixa demanda dos nosos productos pois aquí non se desenvolven empresas de petróleo, papel, etc”. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollimos as declaracións de Rafael Louzán nesta visita á empresa Tune Eureka de Bamio.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.