Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

PORTOS DE GALICIA MELLORA A SEGURIDADE VIAL NO PEIRAO DE TRAGOVE, EN CAMBADOS
Portos de Galicia realiza entre hoxe e mañá a mellora da seguridade viaria no peirao de Tragove de Cambados mediante a repavimentación dos viais interiores, cun investimento de 24.000 euros. Esta actuación pretende eliminar as deficiencias que presentaba o firme, moi deteriorado pola actividade diaria neste peirao, especialmente nas zonas de xiro e manobras. En concreto, os traballos consisten no estendido dun rego de adherencia e unha capa de 5 centímetros de mestura bituminosa en quente. En total a superficie que se reconstruirá será de 2.300 metros cadrados e a actuación incluirá o…
Read the full description
repintado da sinalización horizontal preexistente. Así o explicaba durante a supervisión dos traballos o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, que tamén se referiu á ampliación de novos pantaláns no porto de Meloxo en O Grove.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.