skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS TERA TEATRO, EXPOSICIONS, CONCERTOS E NUMEROSAS ACTIVIDADES EN OUTONO INVERNO

A programación cultural de Cambados para este outono e inverno contará con actividades variadas para todos os gustos. Teatro, exposicións, presentacións de libros, charlas, obradoiros para nenos, actuacións, concertos e actos en homenaxe a Ramón Cabanillas e Luis Rey, son algúns das actividades nas que se inician dende esta semana e se poderán disfrutar ata o mes de Xaneiro. Un dos actos de máis relevancia este outono será a semana en homenaxe a Ramón Cabanillas, que dende o 4 de novembro ata o 14 do mesmo mes haberá numerosos actos culturais. Ademáis, o día 9 de novembro conmemorarase o…

Read the full description

aniversario da súa morte coa colocación dunha praca na casa onde pasou os seus últimos días de vida. Outro dos eventos que se celebran en Cambados é o 125 aniversario da Banda de Música de Castrelo que realizará concertos durante os meses de novembro e decembro, e tamén a actuación de fin de ano. O Concello de Cambados tampouco quixo esquecer ó recente falecido escritor Luis Rey, e celebrará un acto conmemorativo para poñer unha placa na Biblioteca Municipal que xa leva o seu nome, e que será o día 31 de outubro. Non faltará teatro, actividades infantís e outros eventos que xa se viñan organizando como as Xornadas de Augardente e a Feira de Creadores Emerxentes, Peter's Room. Unha programación cultural moi extensa que presentou esta mañá o concelleiro de Cultura de Cambados, Víctor Caamaño, e que explicou con detalles para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.