Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A DEPUTACION ENTREGA A SANXENXO O PLAN DIRECTOR DO PAZO DE QUINTANS
Sanxenxo xa dispón do Plan de Rehabilitación e Usos do Pazo de Quintáns, que permitirá a execución da primeira fase de recuperación do inmoble. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, entregou esta mañá ao alcalde Gonzalo Pita o documento elaborado polos técnicos provinciais baixo o convenio entre ambas administracións. O Plan de Usos recolle a posibilidade de que o Pazo se declare como Ben de Interés Cultural, como pretende o alcalde Gonzalo Pita, e plantexa a creación dun Museo no que se poderían recoller os achádegos de restos arqueolóxicos de A Lanzada. Combina todo elo cun programa de…
Read the full description
dinamización dos diversos patrimonios que conforman a paisaxe natural do entorno. A Deputación da así “por cumprido o compromiso que a institución provincial adquirira co concello”, tras un investimento de 72.598,79 € na elaboración e redacción do plan director. Na actualidade o pazo de Quintáns, cuxa titularidade pertence ao Concello de Sanxenxo, atópase nun estado de deterioro considerable, pese a tratarse dun ben do patrimonio cultural da provincia de Pontevedra. Neste contexto, Carmela Silva manifestou que "o plan director expón un uso acorde coa historia e o contorno do pazo de Quintáns" e, ademais, adiantou que ese emprego "podería consistir na posta en marcha dun museo que inclúa os achados da Lanzada". Carmela Silva destacou que a través do plan director, elaborado pola Deputación de Pontevedra, "se pretende dotar a esta edificación dun uso acorde coa súa historia e o seu contorno, co obxectivo de que a Xunta de Galicia o declare Ben de Interese Cultural (BIC) para que poida optar ao 1,5 % que destina o Ministerio de Fomento ao programa de Cultura".
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.