skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS QUEIMARÁ O MACHISMO NO SEU ENTROIDO

Cambados enterrará o machismo no seu entroido. A Concellería de Cultura que dirixe Victor Caamaño ten xa preparado o programa das festas máis divertidas do ano, o Entroido, que este ano celebrarase do venres día 9 ao mércores 14 de febreiro. Nesta ocasión, deixanse de lado os persoaxes burlóns para adicar o mércores de cinza a visibilizar esta lacra coa queima do machismo. Como se representará será unha sopresa pero os técnicos de cultura xunto cos alumnos do obradoiro de emprego serán os encargados de facelo. O resto da programación será a habitual. O pistoletazo de saída será o venres as…

Read the full description

22:30 horas na Praza de Alfredo Brañas, cunha adaptación cambadesa en clave de humor do coñecido programa de televisión "A túa cara soame" Outra das actividades máis importantes do entroido é o desfile de carrozas que será o domingo 11 de febreiro a partir das 17:00 horas dende a Escalinata de San Tomé. Xa o luns de entroido será o turno dos máis pequenos co baile infantil e o concurso de disfraces. Ademáis, tamén se celebrará o tradicional concurso de filloas. Todo elo desenvolveráse no Salón Peña dende as 17:00 horas. O martes de entroido Cambados acolle na Praza de Alfredo Brañas o gran concurso de disfraces de adultos e o concurso de comparsas. No caso de choiva, as actividades trasladaránse ao Salón Peña, agás o desfile de carrozas que mudaría de día. Os detalles deste entroido cambadés os explicaba esta mañá o concelleiro de Cultura, Victor Caamaño.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.