Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

NUMEROSAS PERSOAS SUMARONSE AO PRIMEIRO PECHE SANITARIO NA ILLA DE AROUSA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma pola Sanidade Pública do Salnés iniciou hoxe na Illa de Arousa, con gran asistencia de veciños, o seu programa de peches nos concellos en contra da modificación da Lei de Saúde de Galicia, que suporá a a conversión en distrito da área sanitaria. O peche comezou ás 9 da mañá e prolongouse ata as tres da tarde. As 12 do mediodía os membros do colectivo celebraron unha concentración ante a casa consistorial. Durante a protesta, os representantes do colectivo explicaron aos veciños as razóns polas que reivindican o mantemento da área…
Read the full description
sanitaria do Salnés, así como os problemas na atención primaria e nas listas de espera ou a pérdida de servizos e autonomía del Hospital Comarcal do Salnés dende que pasou a formar parte da EOXI (área sanitaria integrada) Pontevedra-Salnés. A programación de peches comezou hoxe en A Illa de Arousa, continuará o venres 9 en Ribadumia, o mércores 14 en Vilanova, o xoves 15 en Catoira, o luns 19 en Cambados e o martes 20 en Vilagarcía. Será este último día o sinalado para o debate no Parlamento da reforma da Lei de Saúde, polo que unha representación da Plataforma trasladarase a Santiago para manifestarse ante a sede da Cámara galega. Os detalles do primeiro día de peche explicábanolos a portavoz da Plataforma, Rosa Casal, e o alcalde de A Illa, Carlos Iglesias.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.