Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PP CRITICA A DESINFORMACION NA ESCOLA DE MUSICA E A ALCALDESA ASEGURA QUE O CURSO EMPEZARA O 16
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O PP de Cambados critica a situación da Escola Municipal de Música, que debería comezar o curso o vindeiro día 16, pero, segundo a formación popular, a día de hoxe os pais e alumnos ainda non teñen ninguna información nin constancia de que a súa matrícula fora aceptada. Dende a formación popular, o seu portavoz Luis Aragunde amosaba esta mañá o seu descontento pola xestión do goberno local que “nestes tres meses de mandato non resolveu o contrato coa empresa para dar este servizo”. Ademáis, a concelleira do PP, Sabela Fole, como unha das nais…
Read the full description
afectadas, lamenta o "agravio" xerado pola falta de información sobre o estado das matrículas e o "descontento inmenso" das familias dos 200 nenos que acuden á Escola Municipal de Música. Dende o goberno local, as críticas populares tiveron rápida resposta por parte da alcaldesa. Fátima Abal, asegura que o curso na Escola Municipal de Música comezará con normalidade o día 16 de setembro e que o martes xa deberían de estar colgados os listados de matrícula nos taboleiros. Sobre a concesión do servizo, o contrato está pendente de adxudicación á espera de que se cumpran os prazos de exposición pública e estará resolto no mes de novembro. O portavoz de Partido Popular de Cambados, Luis Aragunde, abordou tamén ás novas negociacións da esquerda para chegar a un posible tripartito. Aragunde calificou esta situación de "esperpéntica" e asegurou entender ás desconfianzas do portavoz nacionalista, Víctor Caamaño, sobre os seus antigos compañeiros de goberno, xa que, entende Aragunde, "é moi difícil gobernar con algún dos concelleiros".
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.