Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PORTO CAMBADÉS DE TRAGOVE LIDER NA RECOLLIDA E NA RECICLAXE DE ACEITES RESIDUAIS
Os portos de Cambados continúan á cabeza na recollida e reciclaxe de aceites residuais na provincia de Pontevedra. O porto de Tragove sitúase como porto autonómico líder en Pontevedra, xa que durante o ano 2013 recolectáronse en Tragove 12.708 kilos de aceite usado, aceites de hidrocarburos e materiais impregnados. No outro Porto cambadés de Santo Tomé recolleuse tamén un total de 3.872 kilos de aceite pesado, polo que Cambados convértese no municipio con maior actividade de colecta non seus portos. No que levamos de 2014 xa son 5.000 kilos de aceite os que se recolleron en Cambados, e en…
Read the full description
total, no 2013 rexistráronse en Galicia preto de 870.000 kilos de aceite recollido. O Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán, visitou esta mañá o Porto de Tragove para facer o balance do convenio Marpol, o convenio internacional para previr a contaminación por buques, e recalcou a boa labor que se esta a facer no Porto de Tragove e a concienciación na recollida e mantemento do medio mariño de Cambados. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA escoitamos as declaracións de Jose Juan Durán, Presidente de Portos de Galicia, que estivo acompañado polo Patrón Maior de Cambados, Benito Portas.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.