skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PP NON ASISTIRA AO PLENO DA MANCOMUNIDADE POR CONSIDERALO ILEGAL

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os representantes do PP da comarca do Salnés non asistirán ao pleno de constitución da Mancomunidade convocado pola secretaria para o vindeiro luns por consideralo ilegal. Anunciábao esta mañá o presidente en funcións, Gonzalo Durán, acompañado do portavoz popular en Cambados, tras recibir os informes encargados aos asesores xurídicos do partido. Segundo Durán, a convocatoria non cumple a legalidade, por ter caracter extraordinario e non constitutivo, e por tal motivo os acordos que se adopten tampouco o serán. Ademáis, os populares consideran que “é…

Read the full description

un sinsentido que a secretaria convoque este pleno cando hai catro anos ela mesma non deixou votar a elección do presidente ata que tomaran posesión os representantes de Vilagarcía, e en cambio agora sí o permite ainda que este sin resolver a representación de Meaño e unha de Sanxenxo”. Neste sentido, engaden que recurrirán os acordos que se tomen nos vindeiros plenos e sinalan que "a secretaria terá que dar explicacións destas decisións nos xulgados cando sexa chamada a declarar". Asímesmo, non entenden as declaracións da alcaldesa de Cambados Fátima Abal, quen dixo que a Mancomunidade non estaba solo para o turismo, e defenden os servizos que da a entidade, como o CIM, os plans de emprego, o servizo de bacheo, auga ou basura entre outros. En todo caso, Durán asegura que Vilanova e outros concellos seguirán apostando polo turismo, sobretodo de cara o ano Xacobeo, realizando actuacións ainda que sexa por fora da entidade comarcal. Segundo Gonzalo Durán e Luis Aragunde é un día triste para o Salnés xa que é a primeira vez que acontece esta situación de falta de entendemento e acordo nos 30 anos da Mancomunidade do Salnés.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.