skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ESTAFAN A ESTABLECEMENTOS DE VILAGARCIA USANDO O NOME DO IES CASTRO ALOBRE

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A dirección do IES Castro Alobre de Vilagarcía emprenderá medidas e presentará denuncia contra a estafa realizada por un home que no nome do centro educativo timou a varias ducias de comerciantes e hosteleiros da vila. O individuo en cuestión recadaba diñeiro para un suposto torneo de fútbol pedindo entre 40 e 50 euros. Tras ter coñecemento dos feitos, a dirección do Instituto, a través do seu perfil oficial de Facebook, alertou da situación negando toda relación co acontecido. “Queremos dar un aviso desde a dirección e rogamos difusión para atallar o…

Read the full description

problema canto antes: parece ser que se está a recadar diñeiro nos comercios locais, co nome do Castro Alobre, para un suposto torneo deportivo. Queremos negar toda relación con esa recadación de cartos, facer chegar esta mensaxe a todos os establecementos da localidade para evitar que se siga facendo un uso fraudulento do nome do noso centro e, por suposto, queremos transmitir tamén ás persoas afectadas, que daremos parte ás autoridades e tomaremos as medidas oportunas”. Tamén dende a Asociación de Comerciantes Zona Aberta enviouse unha comunicación a todos os asociados e establecementos da vila advertindo da estafa e instando á denuncia pertinente, tal como nos explica a presidenta da Asociación, Rocío Louzán.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.