Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PERSOAL DO HOSPITAL DO SALNES PIDE UN PROTOCOLO DE SEGURIDADE EFECTIVO
O persoal do Hospital do Salnés afectado polas agresións e ameazas do fillo dunha paciente agarda que a dirección do centro active un protocolo de seguridade efectivo para evitar que se repitan as situacións que veñen sufrindo dende hai semanas. De momento, mentres o xulgado non resolve as denuncias presentadas, a xerencia limitou ó acceso deste home ó hospital, dentro do horario de visitas, reforzando o servicio de seguridade. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falabamos con Rosa Casal, unha das traballadoras da segunda planta. Contábanos esta traballadora que, a raiz de que o caso se fixese…
Read the full description
público nos medios, as agresións verbais a viva voz convertéronse en ameazas como “Coñezo a tua cara e o teu coche. Sei que tes fillos”. Tamén nos decía Rosa Casal que este home acostumbra a encontrarse en estado de embriaguez e que a situación que agora se vive na segunda planta xa se repetira noutras onde a paciente estivo ingresada nos dous últimos meses. I e que durante as suas estancias, o seu fillo estivo insultando e ameazando cada día ó persoal, que se sinten indefensos e baixo presión. A Xerencia asegura que non ten potestade para prohibir a entrada a ningún cidadán ó hospital, a non ser baixo unha orde xudicial e a plantilla confía nunha orde de afastamento canto antes e que dende a dirección do centro se active un protocolo de seguridade que realmente funcione, porque o de agora, nos decía Rosa Casal, non é efectivo.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.