Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Cambados restaura o cruceiro de terra santa
#hoxeenArousa O Concello de Cambados incia a restauración integral do Cruceiro de Terra Santa, deteriorado polo paso de tempo e pola acción do vento. As obras supoñen un investimento de 12.000 euros, financiados nun 80% pola Deputación de Pontevedra, segundo explicaba esta mañá o Concelleiro de Obras e Servizos, Samuel Lago. A previsión do goberno local é que os traballos queden rematados no prazo dun mes. O elemento relixiososo está considerado Ben de Interese Cultural e forma parte dos cruceiros instalados en 1.750 para establecer os límites xurisdiccionais, neste caso entre Cambados e…
Read the full description
Fefiñáns. Por tal motivo, dende o punto de vista patrimonial, para o Concello é importante a recuperación do Cruceiro de Terra Santa “porque forma parte da historia viva de Cambados”, sinalou o concelleiro de Patrimonio Xurxo Charlín. A actuación consistirá nunha restauración da totalidade da peza arquitectónica, que xa foi obxecto de varias intervencións ao longo do pasado século sen que os resultados foran perdurables. Actualmente, leva dous anos sen cruz nin crucifixo, que rompeu a consecuencia dun temporal. Desta volta, a idea do goberno local é que as obras permitan a conservación do elemento arquitectónico para que forme parte do patrimonio de Cambados. A maiores, o Concello prevé realizar unha actuación semellante no Cruceiro de Castrelo, derrubado o pasado inverno polos efectos do vento. A idea é seguir o mesmo procedemento, solicitando unha nova subvención á Deputación de Pontevedra.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.