Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O MERCADO DAS FLORES DE CAMBADOS ABRE AS SUAS PORTAS NO SALON PEÑA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Mercado das Flores de Cambados para a celebración de Defuntos abriu hoxe as súas portas no Salón José Peña de Cambados con 24 postos de venda. Alí están profesionais de toda a comarca, ademáis de veciños e veciñas do municipio que plantan a súa propia flor, seis postos de venda habituais de flores do mercado, e unha florería de Cambados. O mercado estará aberto entre hoxe e o venres 1 de novembro en horario continuado de 8 horas a 22 horas hoxe e mañá e de 8 horas a 14 horas o venres. Ademáis de ceder as instalacións, o Concello tamén volveu…
Read the full description
contratar este ano un vixiante nocturno para evitar posibles roubos e os operarios municipais son os encargados da limpeza. Ata o Mercado trasladáronse esta mañá a Concelleira de Promoción Económica e Comercio, Carolina Laya, e o Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.