Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ESCOLARES E COMERCIANTES DE CALDAS INVOLUCRANSE CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Caldas ten preparado un amplo programa para conmemorar a loita contra a violencia de xénero neste mes de novembro. Entre as actividades destacan as obras de teatro que se escenificarán nos centros educativos do municipio para concienciar aos mais novos de esta lacra tamén dende as aulas. O domingo 24 realizaráse a Andaina Solidaria que xa ten o cupo cuberto con 310 participantes que sairán ás 10 horas dende a Praza das Palmeiras e percorrerán unha ruta que pasará por un tramo da Vía Verde que xa está acondicionado. O acto institucional…
Read the full description
do 25 de novembro será nesta ocasión no Paseo Román López, se o tempo non o permite mudarase ao auditorio, e contará coa presentación dunha canción e un videoclip realizado polo Colexio San Clemente, así como o logo que crearon contra as violencias co lema "Que non se apague unha mirada máis". Ademáis, os comerciantes da Praza de Abastos, o centro comercial aberto, os hosteleiros e 90 establecementos máis participarán nesta conmemoración cunha campaña na que durante toda a semana irán vestidos de negro e pegarán carteis contra a violencia nos seus escaparates. Tamén nos locais de hostelería se porán manteis individuais coa frase "Espacio libre de violencias machistas". Así o explicaban esta mañá a concelleira de igualdade, Inés Fuentes acompañada do alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, e representantes dos comerciantes e hosteleiros do municipio.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.