Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS RECIBIU EN AGOSTO 14.000 VISITANTES INTERESANDOSE POLO ENOTURISMO
A ruta do Viño Rías Baixas e o Concello de Cambados presentaron esta mañá no Museo do Viño a programación especial con motivo do Día Europeo do Ecoturismo, que se celebra o vindeiro 8 de novembro. No acto participaron o concelleiro de Enoturismo Cambades, José Ramón Abal, a xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela, e a directora do Museo do Viño de Cambados, Rocío Acha. Entre as actividades que se ofrecerán ó público entre os vindeiros días 4 e 11 de novembro, destacan o taller de memoria sensorial para invidentes, que se realizará en colaboración coa ONCE Galicia para 20 dos seus…
Read the full description
asociados. O taller tera lugar o 4 de novembro as 19:00 no Museo do Viño de Cambados. A programacion especial polo Día do Enoturismo continúa o 7 de novembro co bus do Viño que saira as 10:00 horas do Parador do Albariño e levará ós visitantes as Adegas Casa da Barca, Martín Codax, Condes de Albarei e Don Olegario cun custe de 6 euros. Non obstante, o mayor reclamó será a IV Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas, que se desenvolverá o domingo 8 de novembro no Salón Peña. A actividade será gratuita previa inscripción cun aforo de 120 persoas e será impartida polo sumiller Nacho Costoya. A programación concluirá cunha charla coloquio sobre Enoturismo e Redes Sociais, o 11 de novembro no Museo do Viño. Con este programa, tanto a Ruta do Viño Rías Baixas como o Concello de Cambados queren potenciar os diferentes aspectos do Enoturismo en xeral e da Ruta do Viño en particular, a través de propostas atractivas e que aporten un valor engadido. Durante a presentación, o concelleiro de Enoturismo de Cambados, destacou o incremento das visitas ás adegas da Ruta do Viño Rías Baixas e o interés dos visitantes de Cambados pola información enoturística. Segundo os seus datos, durante este verán a vila do albariño recibiu 14.000 visitantes que se interesaron por referencias enoturísticas, 5.000 máis que no mesmo mes do ano pasado. Así o recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.