Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MELLORA DE SEGURIDADE NO PORTO DE SAN TOME EN CAMBADOS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta de Galicia está a realizar unha mellora de seguridade no porto de San Tomé, en Cambados, coa reconstrución dun espazo de 420 metros cadrados de firme adoquinado que estaba afundido no dique do porto. A actuación, valorada nuns 20.000 euros, inclue a retirada do adoquín afundido, a construción dunha lousa de formigón armado e a reinstalación dos adoquíns unha vez limpos. Con esta medida mellóranse as condicións de uso desta plataforma portuaria, contribuíndo ademáis á protección do medio ambiente ao empregar nos traballos boa parte do material…
Read the full description
preexistente. A actuación estará rematada a vindeira semana. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, supervisou esta mañá os traballos acompañada do patrón maior da confraría de Cambados, Ruperto Costa, que aproveitou a ocasión para solicitarlle a reforma do edificio da lonxa.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.