Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CIM DO SALNES ADICA O MES DE MARZO AO EMPRENDEMENTO FEMININO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Centro de Información á Muller de O Salnés ten elaborada toda a programación para a conmemoración do 8 de Marzo. Ademáis das actividades nos centros educativos durante o curso, o CIM prepara para todo este mes de febreiro un taller de autoestima destinado a mulleres que terá lugar nos catro concellos integrados. No mes de marzo serán diversas as actividades adicadas ao emprendemento feminino, como o “III Fast Dates entre Mulleres” que terá lugar o 7 de marzo no edificio de Exposalnés ou os “Almorzos de Emprendemento Feminino” en cada un dos…
Read the full description
municipios asociados. Xa o 8M conmemoraráse o Día da Muller Traballadora coa lectura do Manifesto ás 12 horas, na Praza do Concello de Cambados, no colexio Julio Camba de Vilanova, no CPI Xulia Becerra Malvar de Ribadumia e en Meis. Para rematar o mes de marzo, o día 28 en Ribadumia terá lugar o Simposio Igualdade sen Fronteiras onde mulleres de diferentes países explicarán a realidade da Igualdade noutras partes do mundo. Unha completa programación que presentaban esta mañá a técnica do CIM, Mónica Novas, acompañada de representantes municipiais dos concellos integrados e da Mancomunidade do Salnés.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.