Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A PRAZA DE PORTONOVO TERA CRISTALEIRAS DE CORES PARA EVITAR AS ALTAS TEMPERATURAS DO VERAN
No prazo de un mes a praza de abastos de Portonovo contará con cristaleiras con cores especiais para evitar a entrada de altas temperaturas durante o verán. Para esta reforma investiranse arredor de 40.000 euros, cofinanciados entre Xunta e Concello nun 75% e 25% respectivamente. Asimesmo na actuación tamén se habilita un pequeno almacén para que os praceiros poidan depositar os seus utensilios. Os traballos de reforma eran anunciados esta mañá en Portonovo polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, acompañado pola alcaldesa Catalina González. Ademáis desta…
Read the full description
actuación, o delegado da Xunta en Pontevedra tamén anunciou a concesión de axudas para as asociacións de praceiros e comerciantes de Sanxenxo: 9.000 euros para cada unha das prazas de abastos de Sanxenxo e Portonovo e 40.000 para a asociación de comerciantes Entretendas. Todo elo nolo contaban en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o delegado da Xunta, Cores Tourís, e a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, nesta conversa con Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.