Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILAGARCIA, CALDAS E PORTAS RESCATAN A VIA DO TREN PARA O TURISMO ECOLOXICO
Vilagarcía, Caldas de Reis e Portas pretenden a creación da primeira Vía Verde de Galicia, rescatando a liña de ferrocarril que percorre os tres municipios, actualmente sen uso dende que entrou en funcionamento a alta capacidade do Eixo Atlántico. O obxectivo é reconverter o trazado marcado polos raís cara un turismo ecolóxico a través dunha senda para peóns e bicicletas, emulando a infraestructuras moi habituais en Asturias ou Andalucía. O trazado prolóngaríase ao longo de 9 kilometros, dende o lugar de Ande en Vilagarcía ata a Azucareira de Portas. Os alcaldes dos tres concellos están xa en…
Read the full description
conversas con Adif, que é quen debe conceder os permisos e o cambio de finalidade das vías, mentres que a Fundación de Ferrocarrís Españois encargaríase de redactar os estudios de viabilidade e o proxecto constructivo. Todo elo pendente tamén de conseguir a financiación necesaria, que poderían chegar dende fondos europeos provisionados ata setembro. Coa vista fixa nesta data, os tres concellos levan traballando no proxecto preto dun mes e agardan ter o equipo técnico organizado a vindeira semana para comezar os primeiros trámites. A proposta foi presentada esta mañá por parte dos alcaldes dos tres municipios, Alberto Varela, Juan Manuel Rey e Victor Estévez nunha comparecencia a pe da propia via do ferrocarril en Ande, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.