skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O ALBARIÑO DE CAMBADOS E O MARISCO DE O GROVE UNIDOS NUNHA MEDIA MARATON

O Albariño de Cambados e O Marisco de O Grove unidos polo deporte. Ese é o obxectivo da Maralba Running , media Maratón do Salnés O Grove-Cambados, que se presentou esta mañá no medio da Ria de Arousa dende un barco que saiu do porto de O Grove, coa presencia dos alcaldes de O Grove e Cambados, Miguel Angel Pérez e Luis Aragunde. Tamén estivo a bordo o creador do logo da proba, Fran Alfonso Domínguez, o director técnico da Maralba Running Fest, un atleta profesional e os cociñeiros Yayo Daporta e Javier Olleros. Trátase da primeira edición desta media maratón de 21 kms de percorrido entre O…

Read the full description

Grove e Cambados que se disputara o domingo 28 de setembro Esta proba atlética nace coa intención de promover as dúas festas emblemáticas de ambos concellos: o marisco do Grove e o albariño de Cambados, de aí o nome de Maralba. A organización estableceu as categorías promesas, sénior e veteranos, tanto masculinas coma femininas. O prazo de inscrición xa está aberto e terá un custo reducido de 12 € ata o 28 de agosto e outro de 15 € ata setembro. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as impresións de Alejandro Fernández, un dos corredores que participarán na proba, e Pablo Díaz, preparador físico.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.