Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A ILLA INICIA MAÑÁ O CURSO DE INFANTIL CUNHA NOVA AULA
O colexio A Torre da Illa estará mañá preparado para acoller o inicio do curso dos alumnos de Infantil. O Concello ultima os detalles de limpeza das instalacións tralas obras de construcción da nova aula de infantil realizadas pola Consellería de Educación, non exentas de polémica entre o departamento autonómico e o Concello polas dimensións da aula. Finalmente as novas instalacións sí cumpren coas medidas mínimas necesarias establecidas pola normativa e ademáis da nova aula tamén se habilitaron aseos para cada unha das tres clases de Educación Infantil. Así o comunicaban está mañá o delegado…
Read the full description
da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial de Educación, Cesar Pérez Ares que esta mañá visitaban as instalacións, acompañados polo director do centro educativo. Cesar Pérez Ares negou que A Illa aumentara o número de alumnos matriculados no municipio e avanzou que o Instituto de Educación Secundaria poderá contar cun novo profesor, tal como solicitaron os pais de alumnos, sempre e cando entren en funcionamento os PCPIS. Son Programas de Cualificación Profesional Inicial, é dicir, módulos para os alumnos que corren o risco de abandonar o ensino sen conseguir o título de graduado da ESO.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.