Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CONCELLO PROXECTA UN NOVO APARCAMENTO NO ENTORNO DA IGREXA DE BARRANTES CON 40 PRAZAS
O Concello de Ribadumia proxecta a creación dun novo aparcamento no entorno da Igrexa de Barrantes que dea cabida a unhas 40 prazas, cun investimento de 60.000 euros financiados a tavés do Plan Concellos 2017 da Deputación. Para tal fin, o goberno local asinou un convenio de cesión co Arzobispado co fin de poder habilitar as prazas nunha parcela de 1.300 metros cadrados. A cesión ten unha duración de 20 anos, sen máis custe para o concello que a realización das obras. A obra do aparcadoiro vai permitir a creación de 40 prazas de estacionamento para coches, 4 delas reservadas para minusválidos…
Read the full description
e 2 prazas para autocares. Ademais construiranse as beirarrúas para facilitar o acceso do aparcamento a igrexa. Ademáis, para optimizar os recursos e aproveitando a realización da urbanización da zona, o Concello tamén realizará a conexión de sumidoiros das vivendas desa zona coa rede xeral, para o que xa solicitou á Consellería de Infraestructuras da Xunta unha suvención de 70.000 euros. Os detalles explicábaos esta mañá o alcalde de Ribadumia, David Castro, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.