Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ECOS DE CORTEGADA, A SUA HISTORIA DENDE O 2 DE AGOSTO EN VILAGARCIA
O salón de plenos de Ravella acollerá durante o mes de agosto a exposición “Ecos de Cortegada”. Trátase dunha mostra para dar a coñecer a historia e a vida das persoas que viviron na Illa de Cortegada. A inauguración da mostra será o vindeiro 2 de agosto e está organizada pola asociación “O Faiado da Memoria” en colaboración co Parque Natural das Illas Atlánticas e o concello de Vilagarcía. A exposición será como un álbum de fotos con 11 paneis de fotografías e información que estarán colgados de andamios por todo o salón de plenos, e ademáis tamén haberá tres videos onde dous netos de…
Read the full description
familias que vivían en cortegada contarán os seus recordos. Posteriormente, as pezas poderánse ver en outros escenarios como son as illas pertencentes ao Parque Natural das Illas Atlánticas, a propia Cortegada, Cíes, Ons e Sálvora, ademáis da sede da entidade en Vigo. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falamos con Antonio Caeiro, da Asociación O Faiado da Memoria, que nos contaba todos os datos da Exposición “Ecos de Cortegada”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.